ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL MEDIO AMBIENTAL "O CADAVAL" DE PACIOS

O CADAVAL é unha Asociación que deu a luz no ano 2001 e está formada por case a totalidade dos viciños de Pacios, no Concello de Castro de Rei. O noso Concello está dentro da Inconfundible Bisbarra da Terra Chá . Os Fins da Asociación son o Mantemento das Tradicións do noso Pobo, tanto culturais como sociais, así como a de manter unha relación de xuntanza contínua dos nos@s Membr@s.

 

OS XOGOS POPULARES

O feito de falar dos xogos po­pulares é un risco. Un sempre ten a dúbida de dicir a verdade ou a men­tira dentro do que foron, son e serán “per sécula seculorum”. A definición de xogo vai xunguida á mente ou a actividade física do ser humano para divertirse, entreterse…, e ten que ter unhas regras, onde a maneira de xogar e de actuar de cada xogador son un mundo irreal que non se co­rresponde en nada coa súa actividade cotiá. Ninguén arrisca nada para fa­vorecer os interese do contrario. A aposta forma parte do xogador: “se eu gaño ti perdes”, e por iso son po­pulares. Un xogador cando gaña lém­brallo ó perdedor dicíndolle: -mañá no mesmo sitio e á mesma hora- coa finalidade de que os demais se deca­ten da súa fazaña. El é o gañador.

A Asociación de Xogos Popu­lares O Cadaval de Pacios en Castro de Rei desde fai uns dez anos traballa arreo na recolleita de xogos e termos populares dos nosos devanceiros. As actividades, ó longo do ano, na procura dunha maior popularización son moitas por toda Galicia (Mostei­ro, Fonsagrada, Narón, Nigrán…) A Asociación ten neste intre unha ofer­ta diferenciadora de xogos por enriba dos cincuenta. Así podemos falar de: os bolos1, a ra, a chave, a estrela, o trinco, a fuxa, o chino, os maitines, os zancos, a billarda, o tres en raia, o chanto, os cristos, a corda, a por­ca, o zambombazo, o tres pasmóns, o ceo…, e moitos máis. Falaremos dalgún deles, sobre todo daqueles menos coñecidos.